Estreno en el MARCO de O estado Salvaxe. Espanha 1939.

Fecha: 12 octubre 2013
Hora: 19,30 h
Lugar: Patio A1. Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)

Captura de pantalla de 2013-08-21 20:53:13

O estado salvaxe. Espanha 1939

Pablo Fidalgo Lareo é un dos participantes na exposición VERANEANTES, que o venres 11 de outubro se inaugurará nas salas da planta baixa do MARCO. A exposición inclúe un programa de artes escénicas e cinema (‘Material Memoria’), comisariado por Fidalgo, que terá lugar cada fin de semana nun dos Patios da planta baixa. Como inicio do devandito programa, o día 12 de outubro estrearase a súa performance O estado salvaxe. Espanha 1939.

“O estado salvaxe é unha performance creada despois de moitas conversas coa miña avoa. Ela é, ademais, a única actriz da peza. A través de imaxes en súper8 gravadas polo meu avó dende os anos 50 ata os 80, reescribiremos a historia da miña familia, e ao mesmo tempo, a historia de España dende a guerra civil ata os nosos días. É o testemuño dunha muller que leva moito tempo en silencio e que ten un grande desexo de falar, moito que aclarar, moito que reparar. É, sobre todo, un acto de amor lúcido e extremo, un ataque de romanticismo antes de queimar as naves. Nunha carta dirixida ás súas netas, a miña avoa vai tecendo a súa biografía e cuestionándose todo o seu pasado, o seu presente e o seu futuro, nun exercicio de honestidade brutal que arroxa luz sobre o que significa estar vivos hoxe”.

O estado salvaxe. Espanha 1939 foi creada entre Galicia, Portugal e Arxentina. Producida polo MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, coproducida por Centro Párraga (Murcia) e Festival Temps d’Images (Lisboa). Co apoio de Fundación START-Centro de Investigaciones Artísticas de Bos Aires, Festival Bad-Museo Guggenheim Bilbao, Centro Cultural Vilaflor (Guimarães), O espaço do tempo (Montemor-o-novo), e Zé dos bois (Lisboa). Seleccionada polo proxecto Fabulamundi. Playwrite Europa 2013/2014. Unha performance de Pablo Fidalgo sobre as películas de Manuel Lareo Costas dixitalizadas por eSe8 e con montaxe de Xurxo Chirro. En escena: Mercedes Fernández Vázquez. Asistencia Técnica de Paul Edward Guy e Antón Ferreiro. Produción de Alicia Díaz. Deseño e web de Amalia Area.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s