PARANGOLÉ


Editorial: Chan da polvora 
Año: 2019




Parangolé es el primer libro en gallego de su autor. En palabras de su editor, Antón Lopo, Parangolé é un libro callado de interrogantes, elementos cos que Pablo Fidalgo constrúe un discurso de introspección pero tamén de indagación na historia familiar, unha característica que xa se daba na súa obra previa. A lectura dos poemas non pode resultar máis prodixiosa, non só pola habelencia do autor para espir o verso e deixarnos unha dramaturxia poética totalmente espida, senón tamen polo impacto das imaxes e os ámbitos de emoción paradóxica que abre nos seus poemas. O título de Parangolé parte dunha palabra protuguesa que define as conversas desordenadas pero tamén da denominación que elixe o artista brasileiro Hélio Oiticica nos seus traballos de “desintelectualización”. Para Pablo Fidalgo, porén, Parangolé é unha viaxe á procura dun territorio onde aínda é posible viaxar e, ao mesmo tempo, a crónica poética do proceso de contrución dunha identidade complexa, vertente á que non é alleo o feito de que o seu autor utilice por vez primeira o galego na escrita. Ao seu ver, este reencontro co idioma do territorio natal só puido producirse cando non tivo que vivir nese territorio e logrou superar a circunstancia de que a casa familiar non dea respostas, sobre todo porque esa casa perdeu o seu significado. O que Fidalgo nos ven dicir é que non hai un único relato senón múltiples partes. O caos, neste contexto, é, aoseu xuízo, unha forma de vida. Con Parangolé entramos, en certo sentido, nun lugar sen definir, nunha poesía tan aberta que coloca as lectoras e os lectores ao bordo do abismo.




Cómpralo en la web de Pre-textos →


Mark